Consello Insular de Eivisa
Aparencia
O Consello Insular de Eivisa (en catalán: Consell Insular d'Eivissa) é unha institución de autogoberno no ámbito da illa de Eivisa. Creouse en 2007 logo da aprobación do Estatuto de Autonomía. O novo consello constituíuse 45 días despois das eleccións do 27 de maio de 2007. Está regulado pola Lei de Consellos Insulares.
Historia
[editar | editar a fonte]O Consello de Eivisa xorde da separación do seu órgano antecesor, o Consello Insular de Eivisa e Formentera que dispoñía o antigo Estatuto.
Lista de presidentes
[editar | editar a fonte]No. | Nome | Inicio | Fin | Partido |
---|---|---|---|---|
1. | Xico Tarrés Marí | 9 de xullo de 2007 | 1 de xullo de 2011 | PSOE-ExC |
2. | Vicent Serra Ferrer | 1 de xullo de 2011 | Actualidade | PP |